InicioPolíticaO Parlamento pide ao Goberno que renuncie ao bombeo de auga desde...

O Parlamento pide ao Goberno que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo

"É unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento da auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra", asegura.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Parlamento de Galicia aprobou este mércores unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se pide ao Goberno de España que renuncie ao bombeo de auga desde o río Verdugo ao río Oitavén, “por estar acreditada como unha medida cun alto impacto e completamente ineficaz para garantir o abastecemento da auga a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra”.

Tamén pediu declarar o abastecemento da cidade de Vigo como de interese xeral do Estado e convocar unha reunión cos concellos afectados polas actuacións propostas e coa Xunta para explicar e achegar información pormenorizada sobre as alternativas propostas e sobre as previsións de actuación.

Estes puntos da iniciativa, defendida na Comisión 2ª do Parlamento de Galicia pola deputada popular Teresa Egerique, contaron co voto a favor dos nacionalistas galegos, mentres que os socialistas se situaron en contra.

A proposición non de lei incluía un segundo punto no que o BNG optou pola abstención, mentres que o PSdeG tamén votou en contra. Este apartado pedía iniciar a tramitación ambiental para avaliar a viabilidade do conxunto de medidas propostas no estadio realizado pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil para o abastecemento a Vigo e ao sur da provincia de Pontevedra.

PLATAFORMA ENCORO NON

Por outra banda, a Confraría de Pescadores Virxe do Carme de Arcade, a Confraría de Pescadores Pedra de Oliveira e a Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela sumáronse á Plataforma pola defensa dos ríos Verdugo e Oitavén Encoro Non.

Adheríronse trala reunión mantida cos responsables desta organización da sociedade civil que tivo lugar no porto de Arcade e na que participaron o patrón maior de Arcade, Gonzalo Reinoso; a patroa maior de Vilaboa, María del Carmen Cortegoso Gómez; e a vicepresidenta da Agrupación de Mariscadoras da Confraría de Pescadores de San Xoán de Redondela, Nuria Novelle Zabaleta. Por parte da plataforma asistiron a portavoz, Pilar Fernández, así como Fernando Malvar, Bruno Castro e Rebeca Moares.

ÚLTIMAS

O AVE Vigo-Lisboa podería estar rematado en 2033

O primeiro ministro de Portugal, Luís Montenegro, destacou que a liña de alta velocidade...

O padroado do Ifevi presenta unha nova tasación das instalacións para avanzar na súa xestión compartida

O padroado do Ifevi trasladou este venres á Xunta, ao Concello de Vigo e...

Abel Caballero denuncia un “ataque frontal” de Rafael Louzán contra a candidatura de Vigo para o Mundial 2030

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este venres que o presidente da Real...