InicioSociedadeMarea de Vigo alerta sobre a 'expulsión' de veciñanza polo prezo de...

Marea de Vigo alerta sobre a ‘expulsión’ de veciñanza polo prezo de alugueres e o aumento de pisos turísticos

Advirte de que xa hai máis prazas en pisos e apartamentos vacacionais que en establecementos hoteleiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo alertou este martes sobre un previsible descenso no padrón da cidade ante os prezos “inasumibles” dos alugueres e o aumento “exponencial” de pisos turísticos.

Nunha rolda de prensa, o portavoz do grupo, Rubén Pérez Correa, sinalou que Galicia vive un ‘boom’ de aluguer de vivendas para uso turístico, e que tamén a cidade de Vigo experimentou un crecemento moi notable nesta oferta de aloxamento.

Segundo apuntou, a afluencia turística á cidade olívica aumentou nos últimos anos, aínda que segue sendo unha actividade moi estacionalizada, e concentrada nos meses de verán e Nadal, ou esporadicamente, fóra desas datas se se celebra algún evento como Conxemar. Isto fai que non sexa rendible a apertura de hoteis e empezaron a proliferar particulares ou pequenas empresas propietarias de vivendas que as destinan a uso turístico, en moitas ocasións sen estar rexistradas ou reguladas.

Rubén Pérez sinalou que actualmente hai 743 pisos turísticos rexistrados en Vigo, unha cifra que crece cada ano, aos que hai que sumar as vivendas vacacionais non rexistradas e as prazas en aparthoteles. O resultado é, subliñou, que “hai máis prazas de aluguer vacacional que de hoteis”.

PERDA DE POBOACIÓN

Nese escenario, o portavoz de Marea de Vigo alertou sobre a gran cantidade de veciñanza que se dirixiu a este grupo para denunciar que, ou ben non conseguen alugar unha vivenda a prezo alcanzable, ou ben ven os seus contratos rescindidos ou non renovados “coa escusa de que os donos van aloxar a algún familiar”, e esas vivendas acaban como pisos turísticos.

“Imos perder poboación en Vigo. Está a darse a treboada perfecta para que as familias abandonen a cidade”, advertiu Pérez Correa, que instou á Xunta a levar a cabo unha “inspección permanente” das vivendas vacacionais e a sancionar aquelas que incumpran a normativa.

Así mesmo, pediu ao Concello olívico que, se é necesario, modifique a ordenanza de Actividades Económicas para regular a proliferación deste tipo de negocios. Finalmente, urxiu ás administracións a impulsar a oferta de vivenda públicas e o réxime de aluguer con opción de compra, ante os prezos “prohibitivos” do aluguer libre e co horizonte dunha subida de tipos que dificultará aínda máis a compra de vivendas.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...