InicioSociedadeEmpresas de Vigo e Mos piden que a Lei de Montes controle...

Empresas de Vigo e Mos piden que a Lei de Montes controle “condutas abusivas” de comuneiros

Dúas asociacións lamentaron a "inseguridade xurídica e económica" que existe co actual marco legal que, ao seu xuízo, prexudica tanto a particulares como a empresas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) e a Asociación de Veciños e Empresarios de Cabral (Aveeca) remitiron á Xunta senllos documentos cun conxunto de propostas para que sexan tidas en conta no actual debate ao redor da futura Lei de Montes, co obxectivo de establecer un control sobre as “condutas abusivas” de determinados comuneiros.

Tal como indicaron nun comunicado, entre estas atópanse as accións emprendidas polos comuneiros de Santa Mariña de Cabral, en Vigo, e as sucedidas en Tameiga, Mos. No primeiro dos casos, presentaron denuncias contra empresas e particulares para reclamarlles o chan que ocupan na actualidade baseándose en levantamentos administrativos do século XIX. No caso de Mos, a comunidade de Montes xestiona actualmente o Polígono de Monte Faquiña, onde un xuíz deu a razón a catro empresas que denunciaron unha subida excesiva do canon.

Todo iso despois de que a Consellería de Medio Rural abrise o pasado mes de abril un período de alegacións que finaliza este martes, 24 de maio, durante o cal particulares e colectivos poderían enviar achegas e suxestións para a futura Lei de Montes veciñais en man común.

Ambas as asociacións lamentaron a “inseguridade xurídica e económica” que existe co actual marco legal que, ao seu xuízo, prexudica tanto a particulares como a empresas e só satisfai “os intereses de determinadas comunidades de montes que non paran ante o drama persoal que supón perder as súas casas”.

Entre as propostas, solicítase que se teña en conta a situación de empresas e industrias que se atopan en monte comunal, de modo que poidan continuar desenvolvendo a súa actividade e evitar a súa deslocalización despois de investir durante décadas en infraestruturas e instalacións. Outra das peticións é a de establecer un maior control fiscalizador e actuacións internas sobre as comunidades de montes.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...