InicioCulturaA exposición en homenaxe a Antonio Palacios despídese do Museo do Mar...

A exposición en homenaxe a Antonio Palacios despídese do Museo do Mar con case 10.000 visitas

A mostra chegou a Vigo o pasado mes de novembro e foi prorrogada dous meses en resposta ao elevado interese que espertou no público.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A exposición ‘Antonio Palacios. Soños de modernidade, compromiso con Galicia’ impulsada pola Xunta en homenaxe ao urbanista e arquitecto galego despídese este domingo do Museo do Mar de Galicia tras recibir case 10.000 visitas.

A mostra chegou a Vigo o pasado mes de novembro e foi prorrogada dous meses en resposta ao elevado interese que espertou no público, segundo recolle o Goberno galego nun comunicado.

Os datos de afluencia recollen que máis de 1.000 escolares participaron na programación especial deseñada para centros educativos e que acudiron a coñecela. O museo tamén organizou visitas guiadas ao longo da semana, nas que tamén se pode participar este domingo ás 12,30 e ás 18,30 horas, con inscrición previa.

ÚLTIMAS

Queremos Galego lembra o compromiso de Begoña Caamaño coa lingua

A plataforma Queremos Galego pechou este venres a campaña de difusión da mobilización do...

O líder da rede que meteu 650 quilos de cocaína por Vigo quería o “monopolio” da droga no porto

O cabecilla da organización criminal asentada en Málaga que introduciu 650 quilos de cocaína...

​Pérez Esquivel, Beiras, Ferrín ou Ramonet apoian unha campaña pola liberdade de Nicolás Maduro

Destacadas personalidades como Xosé Manuel Beiras, Méndez Ferrín e o Nobel Adolfo Pérez Esquivel...

Caballero defende a Zona de Baixas Emisións para asegurar 35 millóns en fondos europeos

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, defendeu a implantación de Zonas de Baixas Emisións...