InicioEconomíaChega a primeira carga en España de gas natural licuado ao Porto...

Chega a primeira carga en España de gas natural licuado ao Porto de Vigo como combustible mariño

En total descargáronse ao redor de 120 toneladas de GNL nunha soa carga. O éxito da operativa, segundo asegurou Vázquez Almuiña, supón un "fito" para o Porto, que pasa a converterse nunha alternativa "real" de subministración de gas natural para a frota de barcos da naviera.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A terminal ro-ro do Porto de Vigo acolleu este xoves a primeira carga en España de Gas Natural Licuado (GNL) como combustible mariño no buque Auto Advence, propiedade da naviera EUCC e que, ata agora, realizaba esta operativa en Zeebrugee (Bélxica).

A naviera norueguesa, especializada no transporte de vehículos, realizou esta operativa da man de Naturgy, en colaboración con asínaa transportista ESK, segundo indicou o Porto de Vigo nun comunicado.

Trátase dunha operación “singular”, que foi supervisada esta mesma mañá polo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, e o responsable do departamento de Sustentabilidade, Carlos Botana, xunto a representantes da empresa e o responsable de Bunkering (reposición en mar) de Naturgy, Antonio Miranda.

En total descargáronse ao redor de 120 toneladas de GNL nunha soa carga. O éxito da operativa, segundo asegurou Vázquez Almuiña, supón un “fito” para o Porto, que pasa a converterse nunha alternativa “real” de subministración de gas natural para a frota de barcos da naviera.

Foi o pasado 27 de xaneiro cando o Porto de Vigo recibiu a escala inaugural do Auto Advance, o primeiro buque portacoches híbrido do mundo, que entrou en servizo o 5 de xaneiro. A cidade olívica converteuse no primeiro porto de España en recibir a este buque, que partiu de Xapón cargado de vehículos que distribuíu por Europa.

ÚLTIMAS

Alonso Montero: O intelectual que uniu beiras e memoria

O falecemento de Xesús Alonso Montero deixa un baleiro incalculable na cultura galega, pero...

Recuperan un cadáver flotando fronte ao Auditorio Mar de Vigo

Os servizos de emerxencias recuperaron este luns un cadáver que apareceu flotando fronte ao...

A Xunta dá luz verde a 2.000 vivendas protexidas no Ofimático de Vigo

O Goberno galego deu luz verde na súa reunión semanal ao proxecto de interese...

Folga indefinida en Alten en Nigrán contra despedimentos e “chantaxes” tras o conflito pola cesión ilegal en BorgWarner

Empregados de Alten, empresa que traballa para a auxiliar automobilística BorgWarner, iniciaron este luns...