InicioVigo e contornaVigoO director de Stellantis Vigo chama a "conter custos" no mercado laboral

O director de Stellantis Vigo chama a “conter custos” no mercado laboral

Faino nun momento en que a planta está no punto de mira da CUT por "tentar adelgazar persoal".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O director da planta viguesa do Grupo Stellantis, Ignacio Bueno, apoiou a necesidade dun avance no mercado laboral, pero asegurou que require dunha “contención de custos” e unha “flexibilidade” que permitan que España se manteña como “un lugar atractivo para a manufactura”; sen apuntar directamente aos salarios ou a estabilidade laboral.

Preguntado polo anuncio da modificación da reforma laboral por parte do Goberno no foro ‘Futuribles’, celebrado en Vigo, considerou que “o mercado laboral ten que evolucionar” e será preciso “innovar” debido a que “os tempos avanzan”. “As decisións que se tomen teñen que estar pensadas para que España siga sendo un lugar atractivo para a manufactura. E iso require contención de custos e require flexibilidade”, aseverou.

En todo caso, afirmou que a empresa apoiará unha reforma laboral na que “se teñan en conta os intereses laborais” e que permita “manter a España como centro de fabricación interesante para Europa”. O director do centro de Vigo do grupo automobilístico resaltou que España é un país manufacturero con plantas que, na súa maioría, pertencen a multinacionais dado que “foi atractivo polos seus custos laborais” e “a calidade que sabe facer” na produción.

“DESPEDIMENTOS ENCUBERTOS”

As declaracións prodúcense na mesma xornada no que o secretario da CUT, Vitor Mariño, acusou á dirección de Stellantis Vigo de buscar “adelgazar persoal e aumentar beneficios”, con medidas de adaptación que inclúen a extinción e suspensión de contratos de modo voluntario, coincidindo coa vista fixada este xoves no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) a instancias deste sindicato por esta cuestión.

ÚLTIMAS

O BNG esixe cambiar o plan de tráfico do Nadal de Vigo tras o “caos” do acendido das luces e o desfile de Disney+

O BNG de Vigo urxiu ao Goberno municipal que "rectifique" o plan de tráfico...

“Ameaza a supervivencia do barrio”: Lavadores mobilízase contra o proxecto de vivendas da Xunta

Máis de mil veciños do barrio vigués de Lavadores asinaron unha carta dirixida ao...

O histórico Teatro Fraga de Vigo volverá á vida: case 20 millóns de euros para unha reforma que comezará en 2027

O Consello da Xunta autorizou este luns a licitación das obras de restauración do...

“O sábado foi un día histórico en Vigo”, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou este luns que a ocupación hoteleira na...