InicioPolíticaO goberno vigués ve "ridículo" o alcance do Cartón Básico da Xunta...

O goberno vigués ve “ridículo” o alcance do Cartón Básico da Xunta comparado coa política social municipal

Desde o consistorio vigués sinalan que as políticas sociais na cidade olívica saíron "sen recibir nin un euro" dos Fondos Covid transferidos polo Goberno á Xunta.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O goberno municipal de Vigo tachou de “dato ridículo” o alcance do chamado Cartón Básico da Xunta (unha iniciativa de axudas sociais posta en marcha para atender a emerxencia social provocada pola pandemia de Covid e que beneficiou ata agora a unhas 33.000 familias), fronte á política social que desenvolve o Concello olívico “en solitario.

Así o puxo de manifesto a concelleira de Política Social do goberno vigués, Yolanda Aguiar, nunhas declaracións remitidas aos medios, e nas que lembrou que, fronte ás 33.000 familias beneficiarias do Cartón Básico, o Concello de Vigo outorgou máis de 4,3 millóns de euros en diferentes iniciativas, entre elas, axudas a comedores sociais, bolsas de comedor para escolares ou axudas de emerxencia, das que se beneficiaron 37.700 persoas, e repartiuse o ‘cartón da dignidade’ a máis de 9.000 familias, ademais de subvencións para o pago de vivendas e subministracións.

Todo iso, incidiu, “sen recibir nin un euro” dos Fondos Covid transferidos polo Goberno á Xunta. “Reclamamos unha vez máis que a Xunta transfira aos concellos as inxentes cantidades que recibiu do Goberno de España para políticas sociais. Un pouco de seriedade, que se deixen de facer política cos máis vulnerables”, subliñou.

ÚLTIMAS

Detido en República Dominicana un home condenado por violar e gravar a unha moza en Vigo tras fuxir de España

A Policía Nacional de República Dominicana detivo nas últimas horas a Miguel Ángel Wilson, de...

Traballadoras de Protección e Reforma de Menores concéntranse ante a delegación da Xunta para reclamar condicións laborais dignas

Traballadoras do servizo de Protección e Reforma de Menores concentráronse este martes, convocadas polo...

Renuncia por motivos de saúde o concelleiro de Educación, Deportes e Mocidade de Redondela, Iván Valles

O concelleiro socialista do Concello de Redondela, Iván Valles, presentou a renuncia ao seu cargo...

Sogama acusa a Caballero de mentir sobre a subida do canon do lixo

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Liño, acusou este luns ao alcalde de Vigo,...