InicioMedio Ambiente e PatrimonioAndaina veciñal para protexer a Serra do Suído da "ameaza eólica"

Andaina veciñal para protexer a Serra do Suído da “ameaza eólica”

A Asemblea en defensa da serra convoca unha xornada para demandar a súa inclusión na Rede Natura 2000.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Continúan as mobilizacións contra ao actual modelo de implantación de enerxía eólica en Galicia. O movemento ecoloxista galego vén de saír en bloque para convocar unha manifestación-andaina coa que solicitará a protección e inclusión na rede Natura 2000 da serra do Suído, ameaza por unha “vaga” de eólicos, segundo destacan.

As andainas veñen de trocar nun instrumento de  mobilización co que asociacións ecoloxistas e veciñais están a denunciar dende hai meses a “avalancha” eólica que nestes momentos se cerne sobre Galicia. Dende as asociacións verdes insisten que o seu rexeitamento non garda relación tanto co modelo da enerxía eólica senón con como se está a implantar en Galicia, con multitude de proxectos sospeitosos de teren sido aprobados en fraude de lei: fragmentación irregular, etc.

Petón do Lobo xa destacou semanas atrás que o proxecto eólico do Suído se asentaría “directamente” sobre espazos protexidos. Trátase, en concreto, dunha Área de Especial Interese Paisaxístico que podería perder as súas calidades pola instalacións deses 67 aeroxeradores repartidos en 8 parques eólicos distintos. Estes parques, con todo, compartirían diversas infraestruturas esenciais, erguendo de novo a pantasma da “fragmentación irregular”. 

A mobilización do Suído está convocada pola Asemblea do Suído e conta co apoio da plataforma ADEGA, Ecoloxistas en Acción, Federación Ecoloxista Galega e Verdegaia. Segundo apuntan dende a organización, a andaina partirá ás 11:00 h. dende o cemiterio de Piñeiro da Igrexa (estrada PO-255, km 26-27), no concello de Covelo, e de aí bifurcarase en dous camiños: ata o pozo de Piñeiro ou ata a Forca do Lobo, con duracións de entre dúas horas e media e seis horas. Os organizadores apuntan á necesidade de cumprir co protocolo anti-COVID19, “levar roupa axeitada, protección para o sol e a chuvia e comida e bebida”.

ÚLTIMAS

Caballero dá por sentado que “Vigo é sede do Mundial” tras a renuncia de Málaga

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, deu por sentado que a cidade "é sede do...

Feirantes denuncian trato “inxusto e arbitrario” por parte do Concello do Porriño

A asociación de Empresarios de Atraccións de Feira de Galicia (Emafega) denunciou o trato...

Cardioloxía do Cunqueiro utiliza por primeira vez a nivel mundial unha nova técnica para repor unha prótese aórtica

O servizo de Cardiología do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo realizou o primeiro implante...

Resposta Feminista pide trasladar ao Meixoeiro o servizo de reprodución asistida ante a súa “paralización” polo espazo

Resposta Feminista pediu este luns o traslado ao hospital Meixoeiro de Vigo o servizo...