InicioSucesosRecuperados dous cans achados nunha leira cunha "inxente cantidade" de refugallos en...

Recuperados dous cans achados nunha leira cunha “inxente cantidade” de refugallos en Vigo

No lugar había dous porcos de gran tamaño que se atopaban "literalmente nadando entre os excrementos". Estes animais foron trasladados en primeiro lugar ao Centro Ecuestre Sierra Galiñeiro; con todo, tiveron que ser sacrificados.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da unidade ambiental de intervención rural (UMIR) da Policía Local de Vigo acudiron a unha leira cuxo dono, con síndrome de Diógenes, acumulaba “unha inxente cantidade” de refugallos e acharon no lugar a dous cans e dous porcos en malas condicións de coidado.

Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 10,00 horas do martes, cando operarios do servizo de limpeza requiriron o apoio dos efectivos policiais para dar cumprimento a unha orde xudicial porque un home acumulara “gran cantidade de refugallos” nunha leira da súa propiedade.

Supostamente, este home, veciño de Vigo de 63 anos, padece a síndrome de Dióxenes e almacenara “unha inxente cantidade” de aveños vellos e rotos. Tanto así, que os empregados da limpeza indicaron que tardarían “polo menos unha semana” en retirar todos os refugallos.

Ademais, na leira atoparon a dous cans sen microchip, que foron retirados porque estaban descoidados e, “en lugar de facer uso dun colar”, un deles estaba atado cunha cadea e outro cun arame. Os dous cans foron levados ao refuxio de animais da Madroa.

A maiores, no lugar había dous porcos de gran tamaño que se atopaban “literalmente nadando entre os excrementos”. Estes animais foron trasladados en primeiro lugar ao Centro Ecuestre Sierra Galiñeiro; con todo, tiveron que ser sacrificados.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...