InicioSociedadeInvestigación contrarreloxo para estudar a pegada dos romanos na Illa de Ons

Investigación contrarreloxo para estudar a pegada dos romanos na Illa de Ons

Investigadores da UVigo apuntan á posibilidade de que a illa estivera habitada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Á procura da pegada romana na illa de Ons. O Grupo de Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio (GEAAT) da Universidade de Vigo arrinca este luns 5 de abril unha iniciativa chamada a dar un paso adiante no coñecemento que temos da relación do antigo imperio dos césares coa costa galega e os seus métodos de explotación dos recursos mariños da Comunidade.

A investigación correrá ao cargo dun equipo comandado por Adolfo Fernández, arqueólogo do mencionado GEAAT, e consistirá nunha intervención arqueolóxica de limpeza, rexistro e sondaxes na factoría romana de salga da praia Canexol, enclave situado na illa de Ons. A actuación, explican dende a Universidade, conta co apoio do Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, á parte de estar inscrita dentro do proxecto de investigación Galtfish.

“O obxectivo principal desta intervención é o de investigar estes restos arqueolóxicos e aumentar considerablemente o noso coñecemento sobre eles no marco dun estudo global sobre a produción de salgas de peixe en época romana”, comenta o responsable da iniciativa. Segundo indica Adolfo Fernández, o xacemento romano de Canexol, descuberto recentemente e nunca antes intervido, esténdese por todo o cantil da praia da illa de Ons, uns 100 metros, destacando a presenza de ou depósitos de salgadura parcialmente destruídos.

TRABALLO CONTRARRELOXO

“A entidade dos restos e a súa amplitude fannos pensar que ademais da fábrica de salgadura poderían existir outras edificacións anexas que puideron servir de zona habitacional, sen descartar que o castro ou Castelo dos Mouros, situado a poucos metros do xacemento, fose o lugar onde habitaron as persoas que traballaban nesta unidade fabril”, detalla o arqueólogo.

O obxectivo da intervención en Ons pasa, pois, por rexistrar “dixitalmente” todos os restos arqueolóxicos visibles no cantil da praia antes de que queden destruídos polo mar, xa que están sendo moi afectados pola erosión mariña, segundo comenta o responsable do proxecto. Por outro lado, a intervención comprenderá a realización de varias sondaxes arqueolóxicas co obxectivo de recuperar datos da fábrica e delimitar o xacemento para poder “protexelo, intervilo e musealizalo no futuro”.
 

ÚLTIMAS

O Val Miñor érguese novamente en contra da construcción de catro parques eólicos na Groba

Colectivos culturais e medioambientais que traballan na defensa da Serra da Groba presentaron alegacións...

Stellantis perde 22.300 millóns de euros en 2025 polo reaxuste da súa estratexia de negocio

Stellantis rexistrou unha perda neta de 22.300 millóns de euros no ano 2025, fronte...

O IEO e os mariscadores de Vigo únense para recuperar a volandeira tras anos de veda

O Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) e a Asociación de Marisqueo á boia Ría...

José González anima ao empresariado de Mos a solicitar as novas axudas á contratación

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, mantivo este mércores unha reunión...