InicioEconomíaTraballadores da antiga Vulcano urxen despexar a incerteza da concesión

Traballadores da antiga Vulcano urxen despexar a incerteza da concesión

"Pedímoslle ao alcalde, que é tan popular, tan representativo e ten tantas luces, que nos apoie", din.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O persoal das antigas Factorías Vulcano de Vigo (agora Estaleiros San Enrique) urxiu este mércores que se despexe “canto antes” a “incerteza” sobre a concesión de dominio portuario do estaleiro, xa que esa “inseguridade” está a condicionar a firma de novos contratos e, por tanto, a xeración de emprego.

Así o trasladou o portavoz dos traballadores, Nicolás Sangabriel, quen lembrou que, nestes momentos, hai media ducia de operarios nas instalacións de Teis facendo labores de mantemento e supervisando a maquinaria, cadros eléctricos, guindastres e outras dotacións para preparar a reactivación industrial.

Segundo explicou, a nova dirección da empresa (que foi adquirida polo grupo Marina Meridional) está a manter conversas e contactos con posibles novos clientes, e elaborando orzamentos enfocados principalmente na construción de plataformas para renovables (enerxía eólica), reparación naval e construcións metálicas.

“Pero todos os potenciais clientes din o mesmo, falan da inseguridade de non saber que vai pasar coa concesión“, sinalou Sangabriel. Así, lembrou que a actual concesión, que caduca en 2027, formou parte do lote adquirido polos novos propietarios, pero hai un conflito aberto co Porto, que reclama a reversión da devandita concesión, alegando que quedou extinguida no momento en que Factorías Vulcano desapareceu.

Segundo sinalou, tanto se a concesión se mantén ata 2027, coma se o Tribunal de Conflitos Xurisdicionais (que se reunirá o 15 de marzo para abordar a cuestión) a dá por caducada, “o importante é que se aclare canto antes”.

No caso de que se manteña a concesión, “a entrada de traballo sería practicamente inmediata” e, en caso contrario, o persoal “rogará” ao Porto de Vigo que a saque novamente a concurso “con urxencia” para que San Enrique poida optar a ela. “O que non podemos é esperar ano e medio. Levamos parados xa dous anos, aos traballadores acabóuselles o paro“, apuntou, e lembrou que, dos 69 empregados que tiña Vulcano cando crebou, xa quedan só dúas ducias, despois de xubilacións, prexubilacións e saídas cara a outras empresas.

Outro portavoz do persoal, Fran Guizán, lamentou que o presidente do Porto “non quere recibir” aos novos donos do estaleiro, e sinalou que os traballadores pedirán reunirse co alcalde, Abel Caballero, para lembrarlle a importancia de “potenciar a industria”. “Pedímoslle ao alcalde, que é tan popular, tan representativo e ten tantas luces, que nos apoie”, afirmou.

“Isto é para nós algo máis que unha empresa, hai traballadores de segunda, terceira e cuarta xeración, (…) e é cuestión de vontade política, porque poderían retirar a reclamación (sobre a concesión”, manifestou.

ÚLTIMAS

Caballero carga contra Rueda por “esquecer” o AVE directo a Madrid: “É a obra máis importante para Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, afeou este martes ao presidente da Xunta, Alfonso...

A Xunta defende o papel estratéxico da EFCA en Vigo polo control pesqueiro

A Xunta de Galicia defendeu o "papel estratéxico" da Axencia Europea de Control da...

A Xunta cifra en 4,3 M€ as axudas da Xunta a Vigo para residuos

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, visitou este martes a...

Confirmada a condena de 4 anos por agresión sexual á filla da parella en Vigo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...