InicioSociedadePiden 6 anos para un acusado de agredir sexualmente a dous nenos...

Piden 6 anos para un acusado de agredir sexualmente a dous nenos aos que coidaba

Será xulgado este martes e este mércores na Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Fiscalía pide 6 anos de prisión para un acusado de agredir sexualmente a dous menores aos que coidaba, e que será xulgado este martes e este mércores na sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo.

Segundo o escrito de acusación pública, o procesado tiña unha relación estreita de amizade coa nai dos menores e a súa familia e, desde 2013, a muller confiáralle en varias ocasións o coidado dos nenos cando tiña que ausentarse por motivos médicos ou outros, e o seu marido estaba a traballar.

Así, entre finais de 2017 e principios de 2018, o acusado quedou en varias ocasións ao cargo de dous dos fillos da muller. Nesas circunstancias e, co obxectivo de “satisfacer os seus desexos libidinosos”, espíase e mostraba o seu pene aos nenos.

A un deles, o de maior idade, chegou a obrigarlle a que lle chupase o pene, argumentando que era un “xogo” e que era “secreto”, á vez que ameazaba con “pegarlle” se non quería participar nese xogo. O máis pequeno dos nenos chegou a presenciar as agresións sexuais.

A nai descubriu os abusos nunha ocasión en que, bañando aos nenos, estes fixeron referencia a esas prácticas, tentando ocultarllas á proxenitora. Finalmente, acabaron contándolle o que lles facía o coidador.

Por estes feitos, o ministerio público considérao autor dun delito continuado de agresión sexual a menor de 16 anos, e pide que sexa condenado a 6 anos de prisión. Así mesmo, reclama que se lle impoña a prohibición de achegarse ás vítimas por un período de 10 anos.

A Fiscalía tamén reclama que sexa inhabilitado para exercer profesión ou actividade relacionada con menores durante 10 anos, e que indemnice ao maior dos nenos en 3.000 euros polos danos morais e psíquicos.

ÚLTIMAS

Caballero advirte a Xunta e Deputación sobre Balaídos: “Vano pagar co diñeiro ou nas urnas”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, insistiu este martes en solicitar o cofinanciamento da...

Julio Costas, novo valedor da Universidade de Vigo

O catedrático de Dereito Mercantil Julio Costas Comesaña foi elixido este martes novo valedor...

Vigo e o turismo invisible

​Sempre que se analiza o éxito turístico de Vigo, os titulares repiten os mesmos...

O TSXG confirma catro anos de cárcere para un home por agredir sexualmente á neta da súa parella

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a pena de catro anos...