InicioSociedadeO adestrador acusado de abusos en Vigo nega intención sexual: "Nun traballo...

O adestrador acusado de abusos en Vigo nega intención sexual: “Nun traballo corporal tócase moito”

O acusado di que lle dixo á moza, de 15 anos, que se quitase o suxeitador e que lle preguntou pola súa vida sexual para tratar de mellorar o seu "bloqueo" nos adestramentos na modalidade de taekwondo acrobático.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O adestrador dun club deportivo de Vigo, acusado de abuso sexual a unha menor e xulgado na cidade, negou que houbese motivación sexual nos tocamentos que realizou a unha nena á que preparaba na modalidade de taekwondo acrobático, e xustificou eses contactos alegando que se trataba de “traballos corporais”. “Nos traballos corporais tócase moito”, argumentou.

A Fiscalía pide cinco anos de cárcere para este home ao que acusa de facer tocamentos sexuais á menor, á que convocara a unhas “clases especiais” na súa casa para mellorar a súa expresividade.

No xuízo, que se celebra na sección quinta da Audiencia Provincial, o procesado explicou que ofreceu esas clases á nena, de 15 anos de idade, porque “estaba bloqueada e non evolucionaba”, e negou que os exercicios tivesen connotación sexual.

A ese respecto explicou que lle tocou en varias zonas do corpo, que lle dixo que se quitase o suxeitador e que lle preguntou pola súa vida sexual, todo iso era para tratar de mellorar o seu “bloqueo”, aínda que admitiu que non fixo eses exercicios con ningún outro deportista do club porque “non lles facía falta”. “Ela era un caso excepcional”, xustificou.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...