InicioSociedadePremiado un sistema vigués que detecta condutas irresponsables no control da COVID-19

Premiado un sistema vigués que detecta condutas irresponsables no control da COVID-19

Permite aos comerciantes recibir alertas en tempo real se os clientes non usan máscara ou non respectan a distancia de seguridade.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia recoñeceron na súa sexta edición un sistema de visión artificial que é capaz de detectar condutas irresponsables no control da COVID-19, a un composto farmacolóxico para evitar efectos negativos da radioterapia e a quimioterapia na pel dos pacientes que as reciben e unha verniz de uñas medicamentosa contra infeccións por fungos.

En concreto, o premio Ricardo Bescansa Martínez distingue o traballo da ‘spin-off’ da Universidade de Vigo RelEYEble como o mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía por un software de visión artificial que pode medir as audiencias de soportes publicitarios e rexistrar as reaccións das persoas.

A información que obtén é de valor para anunciantes e xestores para as súas campañas ou o deseño de escaparates, entre outros aspectos, pero o produto tamén se adapta ás necesidades xurdidas da crise sanitaria, cun sistema que permite aos comerciantes recibir alertas en tempo real se os clientes non usan máscara ou non respectan a distancia de seguridade.

Estas tecnoloxías derivan do traballo en I+D da análise facial feito nos últimos 15 anos no Grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo. A empresa foi desenvolvendo o seu software e na actualidade permite ter en tempo real información de canta persoas están ante unha pantalla, o seu sexo e idade estimada e a emoción que senten.

ÚLTIMAS

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...

Vigo reclama finalmente a Audasa 120.000 euros polo IBI de 2023, cando finalizou a exención “franquista”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reclamoulle finalmente a Audasa 120.000 euros polo Imposto...

Balaídos gañará 721 asentos máis na bancada de Gol: case 600.000 euros extra para ampliar o aforamento

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a Xunta de Goberno Local deste...

Un ano de cárcere para o administrador dunha empresa de Vigo pola morte dun empregado

O administrador dunha empresa de subministracións navais de Vigo aceptou un ano de prisión...