InicioMedio Ambiente e PatrimonioO parque Don Bosco de Vigo queda só con dúas árbore centenarias

O parque Don Bosco de Vigo queda só con dúas árbore centenarias

PUBLICADO O

- Advertisement -

Dúas grandes árbores centenarias, das catro que había no parque de Don Bosco, en Vigo, xa non están. Unha máquina que traballaba nas obras de humanización da praza derrubou accidentalmente un destes cedros que cedeu e acabou caendo sobre a outra árbore.

Os feitos aconteceron na tarde deste martes. E a pesar do aparatoso do accidente, non houbo feridos. O proxecto de reforma contemplaba a conservación destas árbores.

A humanización de Don Bosco non estivo exenta de polémica tras a talla das árbores que había na praza. Logo de certas protestas, o alcalde comprometeuse a manter tres grandes cedros, os máis grandes e antigos. Agora, tras este incidente, só quedan en pé dous deles.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...