InicioSociedadeAs urxencias atendidas no Álvaro Cunqueiro aumentaron un 47% desde a desescalada

As urxencias atendidas no Álvaro Cunqueiro aumentaron un 47% desde a desescalada

Médicos advirten de que o aumento da afluencia en zonas costeiras previsto para verán podería sobrecargar o servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

volume de urxencias atendidas nos hospitais do Servizo Galego de Saúde (Sergasincrementouse un 20% tras o inicio da aplicación do Plan para a transición cara a unha nova normalidade por parte do Goberno central. Segundo detallou o presidente da Sociedade Española de Medicina de Urxencias e Emerxencias na comunidade (SEMES-Galicia), Manuel Vázquez, a afluencia incrementouse durante as últimas tres semanas “de maneira progresiva”.

En concreto, o presidente de SEMES precisou que o servizo de Urxencias do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo recibía unhas 170 persoas ao día en marzo a pesar de que a súa media habitual se sitúa nunhas 400.

Posteriormente, as atencións diarias eleváronse ata 197 en abril e, en maio, ascenderon ata as 285. Así, destacou que se incrementaron un 47% respecto ao período inicial da pandemia. Tamén explicou que en abril se rexistraron no hospital vigués 48 ingresos debido a ictus fronte aos 70 que se adoitan contabilizar cada mes.

Podes ler toda a información en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Peinador opera “con normalidade” a pesar da folga de controladores

Os aeroportos de Vigo e da Coruña operan "con normalidade" este venres a pesar...

A Xunta destaca ao Real Club Náutico de Vigo como “referente deportivo e social” no seu 120 aniversario

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou este xoves no acto...

O Porto de Vigo prevé superar os 310.000 cruceiristas en 2027 tras consolidar as súas escalas en Miami

O Porto de Vigo pechou o exercicio de 2025 con 125 escalas de cruceiros...

O BNG esixe o fin da licitación do bus en Vigo para evitar pagar “un 90 % máis polo mesmo”

O grupo municipal do BNG volveu a reclamar este xoves que se desista do...