InicioMedio Ambiente e PatrimonioAs marabillas da Fundación Sales, o xardín botánico de Vigo

As marabillas da Fundación Sales, o xardín botánico de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

Numerosas excursións escolares achéganse cada mes á Fundación Sales, (Avenida de Europa 52, Vigo), onde lles explican aos nenos e nenas quen era Sales, ese paisaxista que facía xardíns para tódolos seus amigos. Tamén organizan concertos, exhibicións de pintura ou escultura e campamentos de verán.

Falamos con Elizabeth Ann Taylor, voceira da fundación, e gran amante da beleza do natural. A ela os bonsais non lle gustan, as compara cun can preso: “Cortándolles as ramas todo o rato, paréceme cuestionable”.

Cando os lumes do pasado outubro, chegou un exército de mozos e mozas con cubos e todo o que puideron agarrar, saltaron o muro, baleiraron as pozas, gritaban: “Hai que salvar á Fundación”.

AÍNDA RECORDA A ALEGRÍA de CANDO CHEGOU E VIU QUE TODO ESTABA IGUAL

“Nós non podíamos entrar, e dixérannos que a Fundación Sales estaba ardendo”, recorda Elizabeth. Dentro da tensión daquela noite, acadaron un dramatismo tal as mensaxes que pensaban que o xardín estaba perdido.

“Mañá teremos que ir, a ver que queda”, lamentaban. Aínda recorda a alegría de cando chegou e viu que todo estaba igual: “Cando apagaron en Navia, achegáronse aquí. Foi fantástica a reacción da xente. Renacemos esa noite…”

Non se erradica o eucalipto porque a xente non protesta o suficiente. En Portugal (máis de 70 mortos nos últimos incendios) xa está prohibido comerciar co eucalipto”, engade.

“Eu levanteime aquela a mañá e dixen: hoxe arde Galicia. E recordei ao pirómano do noso pobo, que tiña 90 anos e ía tódolos anos a plantar lume“, lamenta. “Son árbores para Galicia todo o que tivemos aquí sempre, o carballo por exemplo. Galicia era todo carballo, pero cortouse para construír a Armada Invencible”.

 

 

Hoxe, xente con depresión achégase ao xardín para tentar cambiar a súa dinámica emocional: “O contacto coas plantas é impresionante. É onde deberiamos estar, non en asfalto, vivindo en torres tóxicas. En Galicia os pobos baleiros e a densidade nas cidades… É incrible. Os nosos avós vivían en contacto coa terra, nós estamos xa no ciberespazo”.

Para Elizabeth “este é un proxecto minúsculo, pero se a xente vira e escoitara os paxaros e á natureza… É unha alegría. Antes poñíamos música, agora non, para que”. Teñen unhas 900 especies, pero ser un importante xardín non era a súa meta, senón converterse nun remanso de paz.

“Temos dúas persoas empregadas, e logo xente que vén por amor ao espazo. Hai quen pensa que levamos subvencións, e o único que nos fan é traernos autobuses dos colexios”, subliña.

Engade tamén que “os nenos son esponxas, e os nenos que veñen a Sales son os que logo de grandes recollen plásticos na praia”. Sales foi o deseñador que elaborou os xardíns do parque da Bouza e mais os do parque de Castrelos, tamén fixo incluso traballos no Xapón.

A “peza” máis prezada do xardín quizais sexa o seu Wollema nobilis, que chaman “a planta dinosauro” posto que considerábase extinta dende aquela, e redescubriuse no 93. Este exemplar chegou a Galicia polo mar, grazas a un ataque ao corazón e un naufraxio: “Aínda non dixeron onde foi atopado, para que a xente non vaia a roubalos e esnaquizalos, sábese que no noroeste de Australia”.

 

ÚLTIMAS

Traballadores de Alten mobilízanse en Vigo contra os despedimentos en BorgWarner

Decenas de traballadores de Alten, empresa auxiliar do sector automobilístico que presta servizo en...

A Fiscalía pide dous anos de cárcere para un empresario por falsificar a firma dun traballador falecido

A Fiscalía solicita unha pena de dous anos de prisión para o administrador da...

Audasa deberá devolver parte das peaxes da AP-9 polas obras de Rande

A Audiencia Provincial da Coruña condenou a Autopistas del Atlántico S.A. (Audasa) a devolver...

Sancionados varios locais de lecer nocturno en Vigo por drogas e permitir fumar

Un dispositivo conxunto formado pola Policía Nacional, a Policía Local e a Inspección de...