InicioSociedadeUn reumatólogo de Vigo, mellor profesional do Estado na súa especialidade

Un reumatólogo de Vigo, mellor profesional do Estado na súa especialidade

Norberto Gómez Rodríguez foi recoñecido como o mellor valorado de España nos Doctoralia Awards.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O reumatólogo de Vigo Norberto Gómez Rodríguez foi recoñecido como o mellor valorado da súa especialidade en España no marco dos Doctoralia Awards, premios de saúde onde os especialistas sanitarios son seleccionados por pacientes e compañeiros de profesión.

Segundo informou a organización dos premios, Galicia conta con catro profesionais entre os gañadores (un) e finalistas (tres) dos premios que celebraron a súa sexta edición con 409 nomeados. Deles, destacaron as mesmas fontes, un total de 240 foron nomeados por primeira vez desde que se celebran estes galardóns, que se distribúen en 28 categorías.

En concreto en Galicia, o doutor Norberto Gómez Rodríguez de Vigo, nomeado por primeira vez na súa categoría, resultou elixido como o mellor profesional de Reumatoloxía. Mentres, no apartado de Cirurxía xeral e aparello dixestivo quedou no terceiro posto o doutor Enrique Mena del Río da Coruña, quen xa contaba cun nomeamento en 2016.

Na categoría de Neurocirugía quedou no terceiro posto Pablo Somoza Digón da Coruña, quen xa obtivera o segundo posto en 2018. O terceiro finalista galego foi Alfonso Amado Pontes, de Pontevedra, que quedou no segundo posto en Neuroloxía. Este especialista foi gañador das edicións 2017 e 2018 e nomeado en 2015 e 2016.

NOVIDADES

Os gañadores escolléronse entre os 409 profesionais nomeados, que se distribúen en diferentes especialidades ás que se incorporaron outras novas como Anxioloxía e Cirurxía Vascular, Medicina do Deporte ou Medicina Interna, sumando 28 categorías.

O doutor Frederic Llordachs, socio e cofundador de Doctoralia, comentou que “estes premios dan visibilidade ao traballo que diariamente realizan os profesionais da saúde, unha área que require de sacrificio, dedicación e actualización constante”.

Ademais, resaltou que na era dixital os especialistas necesitan cada vez máis “construír a súa reputación no ámbito en liña” e que “proba diso é o gran crecemento que están a experimentar os Doctoralia Awards”. Esta edición é a que presenta o maior número de participantes ata o momento.

Para a elección dos premiados, Doctoralia baseouse en tres criterios: a opinión dos pacientes (por atención recibida, puntualidade e instalacións); os votos dos compañeiros de profesión (por profesionalidade, experiencia e traxectoria); e as contribucións do especialista na sección ‘Pregunta ao experto’ á hora de resolver dúbidas de pacientes. Unha das novidades desta edición é o galardón concedido a centros sanitarios, divididos entre con e sen hospitalización.

ÚLTIMAS

Rescatan a unha moza atrapada nunha discoteca de Vigo tras pechar o local

Unha moza quedou atrapada nunha discoteca de Vigo na madrugada do venres ao sábado...

Vigo reforza a súa política de aluguer con compra pública e un millón para o programa Vigo Aluga

O Concello de Vigo comprará vivendas baleiras no mercado para incorporalas ao parque público...

Incidente cun coitelo leva a un home ante a xustiza por ameazas graves a un policía

Un veciño de Vigo enfróntase a un ano e medio de prisión como presunto...

“A dedo” e sen expediente: Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de Baiona

A Fiscalía pide 11 anos e medio de inhabilitación para o exconcelleiro socialista de...