InicioSociedadeUnha gran rede de cores para cubrir o Paseo de Alfonso XII...

Unha gran rede de cores para cubrir o Paseo de Alfonso XII de solidariedade coas persoas con parálise cerebral

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (APAMP) celebrou a súa terceira intervención artística “Enredando na Rúa”. A idea é construír unha gran rede que cubra a fonte e a praza do Paseo de Alfonso XII.

A finalidade do proxecto, segundo APAMP, “é ir tecendo relacións, aprendizaxes, complicidades e colaboracións, avanzando en cada nó ata construír unha obra común”.

Os participantes deste proxecto elaboran o seu tecido empregando calquera tipo de material (algodón, la, fíos…), de ferramentas e de técnicas para construír a rede.

Cada persoa ou colectivo une a súa peza ao resto da obra para dar forma e concluír a obra final.

Este xoves tiveron lugar distintos actos culturais relacionados coa música e a danza, no marco desta iniciativa

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...