InicioSociedadeXa se pode soliciar estancia para o verán nas residencias de lecer...

Xa se pode soliciar estancia para o verán nas residencias de lecer de Nigrán e O Carballiño

As residencias de lecer de Nigrán e O Carballiño abren este sábado o prazo para solicitar estancias no verán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou que este sábado se abrirá o prazo para solicitar estancias durante os meses de xullo e agosto nas residencias de lecer de Panxón, en Nigrán (Pontevedra), e O Carballiño (Ourense).

Segundo recolleu a Xunta nun comunicado, o prazo de solicitude estará aberto durante dez días hábiles e ofertaranse 347 prazas por quincena. A adxudicación realizarase a través dun sorteo que terá lugar o 11 de xuño e as vacantes cubriranse de acordo coa lista resultante.

A convocatoria está aberta tanto a maiores como a menores de idade, aínda que os segundos precisarán dunha autorización paterna para poder gozar da estancia. Ademais, excluirase a aquelas persoas que gozasen das instalacións con anterioridade.

O prezo será de 37,50 euros por persoa e día sobre o que se aplicará un desconto do 30 por cento para as familias numerosas e do 50 por cento para vítimas de violencia de xénero.

Ademais, os maiores de 60 anos e as persoas con discapacidade poderán beneficiarse dunha rebaixa do 10 por cento e os menores de dous anos que durman no cuarto dos seus responsables ou non utilicen o comedor estarán exentos de pago. Os nenos de entre dous e 12 anos tamén recibirán un desconto do 50 por cento.

A segunda quincena de xullo reservarase ás familias monoparentais e a última para as de acollida. Así mesmo, a primeira quincena de agosto destinarase a familias numerosas, mentres que as prazas que non se cubran serán incluídas na quincena xeral.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...