InicioSociedadeA contestación dun médico de Vigo a unha moza por falar en...

A contestación dun médico de Vigo a unha moza por falar en galego: “Tienes acento de ciudad… Pon acento paleto”

"Tantos anos viaxando polo mundo e falando varias linguas e que sexa no meu propio país onde me din isto", asegura indignada.

PUBLICADO O

“No hables en gallego que lo hablas fatal. Se nota que tu acento es de ciudad. Tienes que poner acento paleto”.  Foi a resposta que lle deu un médico a Silvia S., unha moza de 29 anos que acudiu a consulta dun médico en Vigo.
Unha contestación que indignou a rapaza que presentou unha reclamación pedindo o cambio deste doutor ao sentirse denigrada polo seu tratamento. Silvia, que é neofalante, viviu en Xapón e fala varias linguas, non dá creto ao acontecido. “Eu quedei vermella coa resposta que me deu”, dixo en declaracións ao Xornal de Vigo.
“Estou convencida de que coñece o galego pero pensa que iso dos neofalantes é unha parvada. Por iso me dixo que falara o galego dos paletos”, indicou sorprendida. “Que irónico.  Tantos anos viaxando polo mundo e falando varias linguas e que sexa no meu propio país onde me din isto”, engadiu.
“FALTA DE RESPECTO”
Por iso, decidiu partillar a súa reclamación a través das redes sociais. Unha reclamación que xa se fixo viral e na que Silvia conta o que lle aconteceu. “Actualmente, son investigadora e divulgadora da Cultura Galega por todo o mundo e é a primeira vez que me critican por como falo. Ademais, no meu propio país. Pareceme unha falta de respecto como cidadá galega, como persoa e, sobre todo, como paciente”, denuncia.
Así, lembra que acudiu á consulta “con todo respecto e agardando un trato profesional” e que se atopou todo o contrario. “Espero dun profesional da saúde o mesmo: respecto e profesionalidade”. “Non por ser unha moza ten dereito a tomarse confianzas que eu non lle din. Grazas por lerme”, conclúe a súa reclamación.

ÚLTIMAS

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...

Medio Ambiente cifra en máis dun 30% a perda de auga en Vigo por fugas en canalizacións

A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, cifrou en máis dun...

A CIG pide mellorar a prevención nas canteiras tras o accidente do Porriño

A Unión Local da CIG de O Porriño esixiu que se reforce a prevención...

Luisa Sánchez (PP) acusa a Sánchez de “deixar una lista longa de compromisos pendentes” con Vigo

A presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, fixo este martes balance da lexislatura...