InicioEconomíaAbel Caballero asegura que os Orzamentos "cumpren todos os compromisos" de Vigo

Abel Caballero asegura que os Orzamentos “cumpren todos os compromisos” de Vigo

"Que son as mentiras do PP de que está relegado o AVE? Relegado estivo cinco anos polo Goberno de Rajoy, polas presións de Feijóo", criticou o alcalde vigués.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sostivo este martes que todos “os compromisos que o Goberno de España” asumiu con el cúmprense” nesta proposta de Orzamentos Xerais do Estado realizada polo Executivo de Pedro Sánchez.

“O ministro Ábalos adquiriu un compromiso comigo e os Orzamentos do Estado respéctano escrupulosamente”, sostivo o rexedor vigués en relación á liña de Alta Velocidade entre Vigo e Ourense por Cerdedo.

Segundo recordou Abel Cabellero, o AVE Vigo-Ourense por Cerdedo quedou detido na declaración de impacto ambiental hai cinco anos “polo Goberno de Rajoy” porque había que facer un estudo hidrogeológico. Caballero sostivo que agora estes trámites non só teñen un orzamento asignado, senón que o vai a aprobar ADIF a semana que vén”. “O tren de alta velocidade Vigo-Ourense por Cerdedo xa está desbloqueado“, aseverou.

“Vale un millón e medio de euros e é un proxecto de tres anos de execución. Desbloqueado. E a semana que vén o comité director de ADIF dálle o visto e prace para a súa licitación”, explicou o rexedor vigués, para engadir que se fará “con orzamento e recursos de ADIF”. “Que son as mentiras do PP de que está relegado? Relegado estivo cinco anos polo Goberno de Rajoy, polas presións de Feijóo”, criticou Caballero.

“Eu vou seguir aquí de alcalde e respondo de todos os compromisos que asumo, e responde o Goberno de España comigo destes compromisos”, esgrimiu o alcalde de Vigo.

COMPROMISOS “CUMPRIDOS”

Caballero tamén destacou a achega do Goberno á estación de alta velocidade da cidade. “Con Vigo, compromiso cumprido. Porque ADIF tenlle que dedicar polo convenio 4,2 millóns no ano 2019 e ata case 11 millóns no ano 2020”, apuntou.

Sobre a Biblioteca do Estado, Caballero avanzou que “mantén” que se fará e manifestou que o Concello está a cambiar a cualificación do chan da rúa Lalín onde se ía a construír a cidade da xustiza. “Antes dun mes van vir os técnicos de cultura e ditaminar que aí se vai a facer a biblioteca que intentou paralizar Feijóo”, trasladou Caballero.

Respecto das obras na Avenida de Madrid, o alcalde asegurou que “xa saíu” da demarcación territorial de estradas para o BOE a “exposición pública”. “Xa que logo, a inmediata exposición pública do proxecto para a Avenida de Madrid”, informou Caballero, quen agregou que “aumenta” a achega estatal para esta obra.

Por outra banda, o rexedor vigués referiuse ao túnel entre Vigo e O Porriño na estrada A-52 e sostivo que se inician os trámites” porque require unha declaración de impacto ambiental e un posterior estudo hidrogeológico que se demorará tres anos. “Pero os recursos que hai, 1.280.00 euros, son os sufientes para realizar o estudo ambiental neste momento”, afirmou Caballero.

ÚLTIMAS

Caballero reta a Nova York: “En Times Square teñen que aprender do Nadal de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu despregar na nova edición da Feira Internacional...

(Vídeo) O día que ‘Stranger Things’ abriu un burato en Vigo… que non se pecha

En Vigo pasan cousas raras no Nadal, todo o mundo o sabe. Non raras...

Detidas dúas mulleres en Redondela tras ser interceptadas nun coche roubado

Axentes da Policía Local de Redondela e da Policía Nacional detiveron a pasada madrugada...

SOS Sanidade Pública sinala ao Álvaro Cunqueiro como a “zona cero” dos recortes

A plataforma SOS Sanidade Pública de Vigo animou este venres a participar na manifestación...