InicioVal MiñorNigránVideo | Garda Civil detén a un veciño de Nigrán como presunto...

Video | Garda Civil detén a un veciño de Nigrán como presunto autor dun incendio forestal preto de viviendas

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Nigrán como presunto autor dun incendio forestal que se produciu de forma supostamente intencionada nas proximidades de varias vivendas. O incendio iniciouse a tarde do pasado 28 de agosto nunha zona de abundante matogueiras e fentos, dunha parroquia de Nigrán, a moi escasa distancia de varias vivendas habitadas e unha zona forestal repoboada.

Grazas á intervención dos veciños e o apoio da Policía Local, conseguiuse a rápida extinción evitando que as chamas se propagasen nun día de altas temperaturas e forte vento.

As dilixencias levadas a cabo por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Baiona-Nigrán concluíron coa identificación do presunto autor, que resultou ser un veciño da zona de 84 anos, detido como presunto autor dun incendio forestal, que se conclúe supostamente intencionado debido aos indicios obtidos no trascurso da investigación.

O detido quedou en liberdade en sede policial e as dilixencias instruídas, entregáronse no Xulgado de Instrución de garda de Vigo.

ÚLTIMAS

Novas ramplas para a Gran Vía, entre as rúas Xirona e Tarragona, por 9 millóns

A Xunta de Goberno Local de Vigo deu este venres luz verde á licitación...

Colas quilométricas na AP-9 ao seu paso por Vigo tras rexistrarse un accidente por alcance entre tres coches en Teis

Un accidente por alcance entre tres coches na AP-9 ao seu paso por Vigo...

Ferido un bombeiro tras sufrir un golpe de calor nun incendio dun garaxe de Vigo

Un bombeiro tivo que ser trasladado a un centro hospitalario tras sufrir un golpe...

“Teñen que cooperar e pagar”, Caballero insiste a Xunta e deputación polo Mundial

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, sinalou este venres que xa enviou sendas cartas...