InicioSucesosDous menores investigados en Ponteareas por queimar colectores e gravalo co móbil

Dous menores investigados en Ponteareas por queimar colectores e gravalo co móbil

Coa descrición dos supostos autores destes feitos facilitada polas testemuñas, a Policía Local conseguiu localizar a un deles, cando saía dun local de lecer nocturno.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Ponteareas investiga a dous menores de idade como presuntos autores da queima de varios colectores ocorrida o pasado fin de semana nesta localidade, segundo informaron fontes municipais.

Os feitos ocorreron na madrugada do sábado, cando unha dotación policial acudiu ao Paseo Matutino, tras recibir o aviso dalgunhas testemuñas que viran a un mozo prendendo lume a un colector. Media hora máis tarde, os axentes acudiron ao Paseo dos Carballos, onde ardía outro colector, e onde varias testemuñas identificaron ao mesmo menor que na outra rúa, así como a outro mozo que estaba a gravar os feitos cun teléfono móbil.

En ambos os lugares foi necesaria a intervención dos bombeiros para extinguir as chamas e evitar que estas se propagasen, causando danos maiores. Coa descrición dos supostos autores destes feitos facilitada polas testemuñas, a Policía Local conseguiu localizar a un deles, cando saía dun local de lecer nocturno.

Tras identificalo e cachealo, os axentes atopáronlle un teléfono móbil no que estaba rexistrada unha gravación da queima dun dos colectores, e na que se recoñecía a autoría dos feitos. Así mesmo, os policías tamén lle interviñeron un chisqueiro, como posible utensilio utilizado para causar o lume.

O Concello agradeceu a colaboración cidadá á hora de identificar os autores destes feitos, “que poderían constituír un delito de danos”. Ademais, lamentou que, nas últimas semanas, rexistráronse outros actos de vandalismo, con desfeitas en bens públicos e privados, e sinalou que, a pesar do reforzo da vixilancia policial, tamén é precisa a colaboración dos veciños para “erradicar” este tipo de actuacións.

ÚLTIMAS

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vigo pon en marcha o Nadal: comeza a montaxe dos grandes elementos con case 13 millóns de luces

O Concello de Vigo iniciou este martes a montaxe dos grandes elementos do seu...

Sete meses de prisión por tocarlle o cú a unha menor e agredir a un policía en Vigo

Un home aceptou sete meses e medio de prisión por lle tocar a unha...