InicioSucesosPrisión provisional sen fianza para o veciño de Moaña acusado de asasinar...

Prisión provisional sen fianza para o veciño de Moaña acusado de asasinar a súa veciña

O home conta cun amplo historial de antecedentes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Xulgado Número 1 de Cangas decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para o veciño da muller localizada sen vida no interior da súa vivenda en Moaña esta fin de semana que foi detido por un delito de homicidio.

Segundo detallaron fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), este home, que foi detido este domingo, pasou a disposición xudicial ás 9,30 horas deste mércores. Posteriormente, decretouse prisión provisional comunicada e sen fianza para o mesmo por un delito de homicidio.

En concreto, os feitos tiveron lugar este sábado, cando un familiar desta muller que acudira á súa vivenda, que non representaba a súa primeira residencia, contactou co 112.

Posteriormente, a central de atención ás emerxencias deu aviso ás forzas da orde, que se personaron no domicilio, situado na parroquia de Tirán. Así, atoparon o corpo sen vida da muller, de 72 anos de idade, no interior do inmoble. Unha da hipótese exposta inicialmente apuntaba a unha posible morte violenta nun intento de asalto á vivenda.

Así mesmo, este domingo detívose un home que reside “moi preto” da vivenda na que se atopou o corpo pola suposta comisión dun delito de homicidio. Ademais, efectuouse un rexistro do domicilio deste home, que conta cun amplo historial de antecedentes.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...