InicioVal MiñorBaionaEvacuadas nove persoas dun edificio en Baiona tras o incendio nun restaurante

Evacuadas nove persoas dun edificio en Baiona tras o incendio nun restaurante

Todas elas están en bo estado. Aconteceu sobre as 8:!5 horas deste domingo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Nove persoas tiveron que ser evacuadas dun edificio de Baiona despois de declararse un incendio nun restaurante na planta baixa. Todas elas, segundo confirma o 112 Galicia, están en perfecto estado de saúde. Ao parecer, o lume orixinouse nun conxelador do almacén deste local de hostalaría, situado na rúa do Reloxo, tras o cal o fume propagouse por todo o establecemento.

Ocorreu sobre as 8,15 horas da mañá deste domingo. Nese momento, a Policía Local contactou co 112 para alertar do incendio. Deste xeito, a central de emerxencias puxo a situación en coñecemento dos bombeiros de Baixo Miño e de Vigo, do GES de Val Miñor, de Protección Civil e, como medida preventiva, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...