InicioSucesosDeteñen en Vigo a un home que fabricaba armas artesanais e as...

Deteñen en Vigo a un home que fabricaba armas artesanais e as vendía por Internet

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo a un veciño de Vigo como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas tras acusalo de publicitar a través de Internet imaxes de armas prohibidas de fabricación artesanal para ofrecelas para a venda.

As investigacións levadas a cabo polo Grupo de Información e Intervención de armas da Garda Civil iniciáronse cando se tivo noticia da existencia dun perfil en Facebook no que aparecían imaxes con fotografías e vídeos do seu administrador manipulando varios artefactos de fabricación artesanal, aparentemente dispostos para disparar obxectos a distancia.

Segundo se puido comprobar, todas as fotografías, vídeos e comentarios inseridos neste perfil foron publicados ou compartidos por este usuario sen ningún tipo de restrición de privacidade, sendo, por conseguinte, de acceso público para calquera usuario das redes sociais.

O informe da Garda Civil confirmou que o obxecto que aparecía nas imaxes era un instrumento construído de forma artesanal cun tubo, xeralmente de poliuretano, susceptible de disparar un obxecto a distancia, podendo ser utilizado para un ataque contra a integridade física das persoas. Ao non ter un uso concreto, determinado e autorizado, trátase dunha arma prohibida polo regulamento.

Unha vez detido o administrador do perfil, como suposto autor dun delito de tenencia ilícita de armas prohibidas, efectuouse un rexistro no seu domicilio e no interior do garaxe incautáronselle tres artefactos terminados das mesmas características e un terceiro en fase de fabricación.

No marco da mesma operación, que se bautizou co nome de ‘Picapiedras’, resultou implicado outro veciño de Vigo, ao que a Garda Civil notificoulle a súa condición penal de investigado como presunto autor do mesmo delito.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...