InicioSucesosFerida unha persoa nun accidente de tráfico na Cañiza

Ferida unha persoa nun accidente de tráfico na Cañiza

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha persoa resultou ferida na mañá deste martes nunha colisión entre dous vehículos rexistrada no municipio pontevedrés da Cañiza.

Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso ocorreu sobre as 7,00 horas na estrada EP-5003, concretamente no quilómetro 3,2, onde chocaron dous turismos.

Ata a zona desprazáronse efectivos dos Bombeiros de Ponteareas e de Vigo, que tiveron que liberar á vítima, que quedara atrapada nun dos vehículos implicados. Así mesmo, tamén interviñeron membros do GES de Ponteareas e de Ribadavia, da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local, e persoal sanitario do 061.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...