A moza de 17 anos cuxa desaparición denunciara este fin de semana a súa familia, Marta P.M., foi localizada en bo estado, segundo confirmou a Europa Press a súa familia, que se puxo en contacto con ela por teléfono.
A alerta da súa desaparición fora difundida polos seus achegados a través de redes sociais e a organización SOS Desaparecidos, que avanzou a súa desactivación a través de Twitter.
A moza fora vista por última vez o pasado sábado, aínda que o seu pai falara con ela por teléfono. Nesa conversación, Marta avanzáralle que asistiría a un concerto que tivo lugar no barrio de Coia o domingo pola noite.
O pai da moza explicara a Europa Press que a súa filla, que reside cunha tía en Ponteareas, ausentouse do seu domicilio noutras ocasións e que tamén viviu un tempo nun centro tutelado de Aldeas Infantís.