InicioSociedadeLocalizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo...

Localizada en bo estado a muller de 41 anos desaparecida en Vigo o pasado domingo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A veciña de Vigo de 41 anos de idade desaparecida desde o pasado domingo, Andrea Moreno Portela, foi localizada en bo estado, segundo confirmaron fontes policiais.

As mesmas fontes sinalaron que Andrea foi localizada na noite deste mércores e que ela mesmo explicou que marchou de casa voluntariamente e se atopaba “ben”. A asociación SOS Desaparecidos, que avisou da desaparición tras a presentación de denuncia en Comisaría por parte da familia, desactivou a alerta.

Andrea fora vista pola súa familia por última vez o pasado domingo e, tras denunciar a súa desaparición, activouse unha investigación por parte do grupo 2 de UDEV da Comisaría de Vigo, que informou tamén o xulgado.

Dáse a circunstancia de que a muller está amparada por unha orde de afastamento imposta a unha exparella que a infrinxiu, sendo condenado polo xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo.

ÚLTIMAS

Vigo marchou dividido nas protestas do 25N

Miles de persoas saíron á rúa este mércores en Vigo para expresar a súa...

O barco de Greenpece máis efeciente leva o selo vigués

Trátase dun veleiro de 75 metros cuxo deseño sitúa no centro a propulsión eólica...

Sindicatos convocan unha concentración este venres en Vigo no marco da folga do sector da perfumaría

Comisións Obreiras (CC.OO.) e UXT convocaron este venres en Vigo unha concentración no marco...

Un coche arde na AP-9 á altura de Peinador e provoca novas retencións quilométricas en Vigo

A AP-9 volveu rexistrar importantes problemas de circulación este mércores, 25 de novembro, tras...