InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo denuncia "precariedade" na agrupación de Protección Civil e...

O BNG de Vigo denuncia “precariedade” na agrupación de Protección Civil e pide “solucións urxentes”

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, pediu a convocatoria urxente de eleccións para restituír a normalidade organizativa e facer máis transparente a xestión dun servizo financiado con fondos públicos

PUBLICADO O

- Advertisement -

O portavoz municipal do BNG en Vigo, Xabier Pérez Igrexas, demandou ao goberno local “solucións urxentes” ante a “precariedade” na que se atopa a agrupación de Protección Civil da cidade.

Nun comunicado, os nacionalistas lamentaron a “insustentable” situación deste organismo, que leva cinco anos funcionando de forma “irregular” baixo unha xestora provisional, “fóra dos prazos legais”, segundo asegura o BNG.

Por iso, Igrexas pediu a convocatoria urxente de eleccións para restituír a normalidade organizativa e facer máis transparente a xestión dun servizo financiado con fondos públicos.

“O goberno local de Abel Caballero empuxa a Protección Civil á irrelevancia mentres a substitúe por entidades privadas”, declarou o portavoz do BNG, apuntando tamén ao estado “lamentable e inhabitable” das instalacións desta agrupación.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...