InicioVigo e contornaRedondelaMorren dous homes con Covid-19 en Vigo, ambos maiores de 70 anos

Morren dous homes con Covid-19 en Vigo, ambos maiores de 70 anos

A Consellería de Sanidade notificou este mércores catro falecementos, que elevan a 2.574 o número de vítimas mortais vencelladas á pandamia en Galicia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade informou este mércores do falecemento doutras catro persoas, unhas mortes que elevan o total de vítimas mortais con covid en Galicia a 2.574.

Segundo informou o departamento autonómico, dous destes falecementos tiveron lugar na xornada do martes. Trátase dun home de 64 anos, procedente da residencia das Gándaras, que faleceu no Hospital Universitario Lucus Augusti. Ademais, perdeu a vida outro home de 81 anos no Hospital de Valdeorras.

Pola súa banda, Sanidade informou doutros dous falecementos rexistrados na xornada deste mércores. En concreto, morreu un home de 70 anos, usuario do Centro de Atención a Persoas con Discapacidade de Chapela, no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI). Ademais, faleceu outro home de 83 anos no Hospital de Povisa.

Conforme sinalaron as autoridades sanitarias galegas, todos eles tiñan patoloxías previas.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...