InicioSociedadeA Armada realiza un simulacro este mércores e xoves no Miño en...

A Armada realiza un simulacro este mércores e xoves no Miño en Tui e Tomiño

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Armada, a través da Forza de Acción Marítima, realizará este mércores e xoves, 19 e 20 de maio, un simulacro de emerxencias no Miño entre Tui-Valença e Tomiño-Vila Nova.

En total, o exercicio, denominado Marsec-21, conta con 13 escenarios diferentes que se desenvolverán en varios puntos da costa española entre os días 17 e 28 de maio. Así, contará coa participación de múltiples organismos estatais, autonómicos e locais, así como da Marinha Portuguesa.

Participarán unidades dos Exércitos e a Armada, organismos de seis ministerios, oito delegacións do goberno e multitude de institucións, organismos e administracións locais e autonómicas involucradas na seguridade marítima, así como varias empresas privadas.

OBXECTIVO

O Marsec-21 está programado polo almirante xeral xefe de Estado Maior da Armada, conducido polo almirante da Frota e executado polo almirante de Acción Marítima a través do seu Estado Maior e do Centro de Operacións e Vixilancia de Acción Marítima en Cartaxena.

O obxectivo xeral do exercicio é comprobar a capacidade de coordinación e colaboración da Forza de Acción Marítima (FAM) con outros organismos para afrontar Operacións de Seguridade Marítima (MSO), mellorar a coordinación con outras unidades da Armada e organismos gobernamentais e non gobernamentais.

Abarcan actividades relacionadas co tráfico de sustancias estupefacientes, operacións de mergullo, guía do tráfico marítimo e auxilio e rescate no mar ata o control sanitario de persoal a bordo de buques.

ÚLTIMAS

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...

Detidas tres mulleres dunha mesma familia en Vigo por explotar sexualmente a mulleres estranxeiras

Axentes da Policía Nacional detiveron en Vigo a tres mulleres da mesma familia como...