InicioSociedadeFamiliares volven denunciar que os anciáns son tratados como "mercaduría" en DomusVi

Familiares volven denunciar que os anciáns son tratados como “mercaduría” en DomusVi

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Son maiores, non son mercaduría”, “Inspeccións compradas, nunca encontrarán nada“, “Abuelos al montón, pagando mogollón” ou “Ellos solomillo, los abuelos picadillo”, foron algúns dos esloganes que se escoitaron nunha nova concentración, e xa é a décima consecutiva, en Moaña dos familiares da Residencia de DomusVi Aldán, de Cangas.

“Esiximos investigación e explicacións públicas e transparentes sobre o acontecido na pandemia, e por qué e cómo faleceron 38 anciás”, suliñaron os familiares. “Denunciamos a volta das malas prácticas nas residencias de DomusVi, a sistémica falla de persoal, a vulneración dos dereitos das usuarias e a inacción da administración”, criticaron.

Estas concentracións das familiares de usuarias da residencia DomusVi Aldán-Cangas, fanse cada domingo dende hai dous meses, en distintos concellos do Morrazo, e rematan sempre con outra concentración diante das cancelas da propia residencia, no alto do monte Herbello, onde se depositan 38 candeas e 38 flores na honra das vítimas.

ÚLTIMAS

Intervida unha narcolancha cando era transportada nun camión en Mos

A Garda Civil de Pontevedra interveu unha posible narcolancha que estaba a ser transportada...

Ábrese o prazo de exposición pública para a revisión de autorización ambiental de CZ Vacines (Zendal) no Porriño

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres a resolución pola que se...

Caballero recibe de Defensa a Gran Cruz do Mérito Naval con distintivo branco

O Ministerio de Defensa concedeu ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, a Gran Cruz...

A vivenda volve sacar a xente á rúa: Vigo e Ourense mobilízanse contra a “emerxencia habitacional”

Alianza Pola Vivenda convocou mobilizacións para este venres nas cidades de Vigo e Ourense...