InicioSociedadePor que o SERGAS excluiu as residencias de anciáns no seu estudo...

Por que o SERGAS excluiu as residencias de anciáns no seu estudo de prevalencia do COVID19?

PUBLICADO O

- Advertisement -

Os datos publicados dos estudos de prevalencia para analizar a expansión e afección da pandemia no territorio galego presentan diferenzas.

O do Sergas di que a prevalencia en Galicia é do 1,15%, mentres que o do Ministerio de Sanidade afirma que é o dobre.

O Sergas xustifica esta diferenza en que ambos “dan diferentes perspectivas”. “O obxectivo era distinto”, destacou este mércores o director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, que confirmou que non se tivo en conta a circulación do virus en residencias de anciáns.

Neste sentido, puntualizou que o do Sergas mide a circulación por un territorio “onde a unidade é o cidadán dunha rexión“, fronte ao do Ministerio de Sanidade, centrado no comportamento do virus “na unidade familiar”, matizou. Tamén insistiu en que o do Ministerio busca determinar a transmisión na unidade familiar e o do Sergas “nunha comunidade autónoma”. “Son estudos complementarios”, abundou para “saber como circula o virus”.

Máis información en Galicia Confidencial

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...