InicioSociedadeOs militares retíranse dos postos fronteirizos con Portugal tras case dous meses

Os militares retíranse dos postos fronteirizos con Portugal tras case dous meses

PUBLICADO O

- Advertisement -

As Forzas Armadas retiraron o seu apoio á Policía Nacional e a Garda Civil na vixilancia dos postos fronteirizos de España con Francia e Portugal, como no caso de Galicia, aínda que manteñen a súa presenza nos valos de Ceuta e Melilla, así como na vixilancia de infraestruturas críticas e a seguridade dalgunhas centrais nucleares.

A ‘Operación Balmis’ de loita contra o coronavirus incluíu a colaboración dos militares coas forzas de seguridade para aliviar o traballo de Policía e Garda Civil e que os seus axentes puidesen dedicarse a outras tarefas que axudasen a evitar a propagación da pandemia.

Unha destes labores de colaboración foi a vixilancia das fronteiras para controlar que o tránsito de persoas cumprise coas disposicións do estado de alarma. Esta colaboración tivo lugar en numerosos postos fronteirizos de Pireneos na fronteira con Francia ou de localidades de Galicia, Castela e León e Estremadura lindeiras con Portugal.

O Ministerio de Defensa informou este luns de que ese apoio foi xa retirado a petición do Ministerio do Interior. Pero si se mantén a presenza de militares nas fronteiras de Ceuta e Melilla e seguen colaborando coas Forzas e Corpos de Seguridade na vixilancia doutras infraestruturas críticas.

O cesamento desta función súmase a outras tantas actividades que as Forzas Armadas deixaron de asumir progresivamente durante as últimas semanas como consecuencia do descenso do número de contagios de Covid-19.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...