InicioSociedade"Alarmante incremento" de infraccións en Ponteareas desde que se permiten as saídas

“Alarmante incremento” de infraccións en Ponteareas desde que se permiten as saídas

Unha festa con nenos ou unha persoa con positivo que non permanecía na súa casa foron algunhas das situacións detectadas pola Policía Local, que sinala o risco dun rebrote da epidemia

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Ponteareas detectou un “alarmante incremento” de infraccións por parte da cidadanía desde que se empezaron a permitir as saídas por franxas horarias á poboación xeral.

Nun comunicado remitido este sábado, este órgano local explicou que “desde o inicio do estado de alarma a Policía Local levantou un total de 114 actas de denuncia, das que máis de 20 se corresponden cos últimos días“.

En concreto, os axentes destacaron a gravidade de varios casos que se produciron neste concello pontevedrés. Denunciaron a tres adultos que celebraban unha festa con catro nenos pequenos no parque de San Roque, onde tiñan bebida e música.

Tamén sancionaron a unha persoa que padecía coronavirus e que foi interceptada nun control policial, a pesar de estar obrigada a permanecer no seu domicilio. Outro cidadán tivo que ser reducido e detido tras darse á fuga pola beira do Tea.

En xeral, as denuncias máis habituais refírense a saídas fóra dos horarios autorizados, persoas en grupos, acompañadas por outras alleas á unidade familiar e menores que saen con dous adultos. Tamén se detectaron infraccións nos horarios reservados para os menores nos que se observaron nenos e nenas compartindo xogos, polo que os seus pais foron denunciados por desatendelos.

Ante estes actos, o goberno local considera “preocupante” o nivel de incumprimento das normas “por unha parte pequena da poboación, pero que é suficiente para pór en serio risco o sacrificio e esforzo realizado por toda a poboación”.

Fixo fincapé en que “co comportamento incívico, insolidario e inconsciente as persoas infractoras están a contribuír a que se poida producir un rebrote da epidemia” cos seus consecuentes efectos sanitarios, sociais e económicos.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...