InicioVal MiñorBaionaSubmarinismo en Baiona o primeiro día de desescalada: "Ver robalizas e coller...

Submarinismo en Baiona o primeiro día de desescalada: “Ver robalizas e coller plástico”

Un estudante de Oceanografía mostra como foi a súa primeira saída ao mar tralo confinamento.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Haritz Ayarza é un estudante de Oceanografía na Universidade de Vigo que puido saír por primeira vez a facer submarinismo tras máis de mes e medio confinado na súa casa en Baiona pola crise da Covid-19. Un momento inesquecible para este mozo que está a preparar o seu Traballo Fin de Grao e que durante todo este tempo non puido saír ao mar para adiantar no seu estudo.

Haritz chamou á Garda Civil para preguntar se podía mergullarse agora que comezou a fase de desescalada. Neste vídeo, no que non agocha a súa emoción por volver ao mar, explica que as autoridades lle dixeron que a pesca submarina está prohibida pero si podía facer apnea submarina. E alá foi, equipado e respectando a norma.

No vídeo, publicado na súa canle en Youtube, mostra como se atopan os fondos mariños e explica: “Hai vida, a verdade. Non é incrible, pero nótase a diferenza, que non houbo xente”.

A vida submarina semella que se rexenerou, pero nos fondos mariños segue habendo un intruso, o plástico. Á súa saída do mar, Haritz mostra a proba contaminante: “A pesca do día, rapaces… O bo plástico, eh? Ver robalizas e coller plástico. Iso é un negocio redondo”

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...