InicioSociedadeBibliotecas abertas en plena crise polo coronavirus: unha irresponsabilidade da Xunta?

Bibliotecas abertas en plena crise polo coronavirus: unha irresponsabilidade da Xunta?

A Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia critica que a Xunta non pechase estes centros. En Vigo, a visita dun colexio cun caso positivo e dunha muller que asegurou estar contaxiada espertou a alarma entre os traballadores da Biblioteca Pública Juan Compañel.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As medidas adoptadas pola Xunta para as bibliotecas públicas galegas, ante a crise polo coronavirus COVID-19, xerou malestar na Asociación de Profesionais dos Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación, BAMAD Galicia, xa que entenden que se trata de directrices “confusas”, polo que expresaron a súa “disconformidade” sobre as mesmas.

Estas directrices indican que “as bibliotecas universitarias poderán admitir alumnado ata un terzo da súa capacidade, co fin de posibilitar a separación dos usuarios e dificultar a transmisión do virus”.

Tamén que “se suspende a apertura ao público de museos, arquivos e outros equipamentos culturais dependentes da Administración autonómica. No caso das bibliotecas, poderán permanecer abertas, limitando a súa capacidade ata un terzo do máximo permitido co fin de posibilitar a separación dos usuarios e dificultar a transmisión do virus. Así mesmo, recoméndase ás demais administracións titulares de equipamentos culturais a inmediata adopción de medidas semellantes”.

Ante isto, desde BAMAD pregúntanse “de que maneira se establecerá o control para non superar o aforo dun terzo do máximo de capacidade das bibliotecas”.

“Tendo en conta que o  se establece o peche das ludotecas e espazos infantís, as bibliotecas permanecerán abertas pero pechando os espazos infantís? Descontarase do aforo máximo dos edificios a cantidade de persoas que poderían albergar os espazos infantís? Como distinguimos o servizo que temos que prestar por urxencia daquel servizo que pode esperar a recuperar a situación de normalidade?”, pregúntanse.

Esta asociación considera que “as directrices establecidas son canto menos confusas para os equipamentos culturais, mantendo uns centros pechados e outros con servizos limitados”.

Por outra banda, non entenden que “as autoridades establezan medidas de protección para todo os empregados públicos e manteña aos empregados públicos das bibliotecas universitarias e públicas en situación de risco, ademais do posible perigo para as persoas usuarias”.

É por isto que piden o peche inmediato de todas as bibliotecas.

Por outro lado, dada a situación actual, consideran “imprescindible a dotación aos arquivos, bibliotecas e museos xestinados pola Xunta de Galicia de materiais hixiénicos e desinfectantes”.

“Pensamos que estas medidas axudarán a clarificar os protocolos de actuación e a que todo o persoal destes centros colabore da mellor maneira na resolución desta situación”, engaden desde BAMAD.

TEMOR NA BIBLIOTECA DE VIGO

Na Biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel, da Xunta, o ambiente é de temor entre o persoal. Sita na rúa Joaquín Yáñez,

Esta mañá, os traballodores levaban luvas e máscaras de protección. Unha medida que se viu aínda máis xustificada logo de vivirse un esperpéntico episodio neste centro este xoves, cando unha “muller sen protección entrou dicindo que tiña o coronavirus e paseouse pola biblioteca collendo libros”, explica unha traballadora.

Esta mesma semana, a biblioteca recibiu a visita de escolares do Centro de Educación Infantil e Primaria Balaídos, onde se confirmou, polo menos, un caso positivo de COVID-19. 

É por todo isto que o persoal que traballa neste centro móstrase “moi preocupado” pola situación e non comprende que non se pechase.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...