InicioSociedadeAberto un proceso informativo aos policías que identificaron a mulleres na manifestación...

Aberto un proceso informativo aos policías que identificaron a mulleres na manifestación do 8M

Axentes pediron a documentación cando realizaban a performance 'Un violador no teu camiño'.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Concello de Vigo abrirá un proceso de información interna para aclarar os motivos polos que axentes da Policía Local identificaron a varias persoas que realizaron unha actuación no marco da manifestación celebrada para conmemorar o Día da Muller.

Segundo trasladou o goberno local nun comunicado, os feitos tiveron lugar este domingo na contorna da confluencia das rúas Urzáiz e Príncipe, onde varias mulleres levaron a cabo unha ‘performance’ denominada ‘Un violador no teu camiño’.

Deste xeito, o goberno local detallou que se esperará o resultado deste proceso de información interna e eloxiou a celebración do espectáculo vangardista. Así mesmo, a formación Marea de Vigo-En Común presentou no rexistro municipal un escrito co obxectivo de coñecer detalles sobre o contexto no que se identificou a estas mulleres.

As críticas a estas indentificacións, das que membros do executivo local socialista dixeron descoñecer e amosaron a súa sorpresa, circularon por redes sociais tras a manifestación do 8M en Vigo.

 

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...