InicioSociedadeAbel Caballero confirma a paralización da Vía Verde da que culpa á...

Abel Caballero confirma a paralización da Vía Verde da que culpa á empresa adxudicataria

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este mércores a paralización da obra da Vía Verde, pola “renuncia” por parte da empresa que resultou adxudicataria dos traballos, e afirmou que o Concello está a tramitar unha nova licitación, para completar os tramos que faltan.

A Vía Verde, unha senda para ciclistas e peóns no tramo que ocupaba a antiga vía do tren entre Chapela e o centro de Vigo, foi adxudicada en febreiro de 2019 á UTE formada por Place Servicios y Obras, e Escavacións y Transportes Manuel Rodríguez, por algo máis dun millón de euros.

En agosto, o propio alcalde e varios dos seus concelleiros inauguraron o primeiro (e único) tramo executado, duns 400 metros, á altura da rúa Mestre Chané.

Con todo, o rexedor confirmou este mércores que a Vía Verde atrasarase porque a empresa adxudicataria, á que asegurou que se pedirán “responsabilidades”, “abandonou” a obra, e o Concello está a tramitar outra licitación. “Temos a partida orzamentaria”, asegurou, á vez que engadiu que esa actuación, cun proxecto “idéntico”, aparecerá no novo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM).

ÚLTIMAS

Vigo acollerá un concerto solidario para axudar a Venezuela

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou este luns a celebración dun concerto solidario...

Desconvocada a folga nas lavandarías dos hospitais da área de Vigo

O comité de empresa e a dirección de Elis Manomatic, que presta o servizo...

O BNG denuncia un “recorte salvaxe” de camas na área de Vigo este verán

O BNG esixiulle á Xunta que "rectifique" o peche de camas e os "recortes"...

Revogada a condena a un pub de Vigo por difundir un vídeo onde se vían dous clientes “en actitude cariñosa”

A Audiencia de Pontevedra estimou un recurso presentado por un local de lecer de...