InicioSociedadeTrece empresas presentan ofertas para o novo centro de saúde de Bouzas

Trece empresas presentan ofertas para o novo centro de saúde de Bouzas

Esta nova instalación estará emprazada nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Chairos e Ferreiros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un total de 13 empresas, 12 galegas e outra con sede en Madrid, presentaron as súas ofertas para a construción do novo centro de saúde do barrio vigués de Bouzas, o cal a Xunta xa licitou o pasado 6 de agosto por case 1,4 millóns de euros. O prazo máximo de execución da obra é de 14 meses.

Segundo informa o Goberno galego, o obxectivo é que a finais do 2020 os veciños desta zona, que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Moura, Beiramar ou Navia, conten cun servizo de Atención Primaria de primeira orde na súa contorna.

En concreto, esta nova instalación estará emprazada nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Chairos e Ferreiros. Na súa construción, asegura a Xunta, buscarase a “máxima integración na contorna” e respectaranse os elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas.

Deste xeito, o novo centro de saúde constará de dous volumes con dúas plantas cada un que sumarán unha superficie total de 860 metros cadrados que se comunicarán mediante unha galería. Terá tres consultas de medicina xeral, tres de enfermaría e unha sala polivalente.

Unha vez terminado, os pacientes incorporaranse ao ambulatorio cun criterio de voluntariedade, de modo que poderán optar polo traslado ou por quedar no que son atendidos actualmente.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...