InicioPolíticaEstas son as razóns polas que Fejóo convoca elecións en xullo e...

Estas son as razóns polas que Fejóo convoca elecións en xullo e non en setembro

PUBLICADO O

- Advertisement -

Se todo sae conforme o previsto por Feijóo e Urkullu, Galicia e Euskadi irán votar por cuarta vez desde 2009 o mesmo día este verán. Previamente, haberá que repetir todo o proceso preelectoral, que inclúe a confección das listas. E a isto hai que unirlle as incertezas da evolución do coronavirus e as medidas se van a adoptar nos colexios electorais para que os galegos poidan exercer con seguridade o dereito ao voto, así como os votantes que poderán exercer ese dereito.

Hai dúas semanas o presidente galego non quería falar de eleccións. “Non están na miña axenda políticia”, dicía. “O máis importante é a saúde dos galegos”, engadía. E que cambiou en 15 días para que o que non estaba na súa axenda, pase a ser unha prioridade?.

Aproveitar a difusión que lle dan a TVG e a Radio Galega e medios como La Voz de Galicia para ter maior proxección pública, confrontarse directamente na xestión da crise con Pedro Sánchez para botarlle a culpa de todo o malo, tentar silenciar á oposición acurtando a campaña electoral ou o menor impacto da campaña dos lumes, entre as verdadeiras razóns da convocatoria. Tentamos analizar as causas e razóns que levaron a Alberto Núñez Feijóo a convocar eleccións de xeito precipitado. Toda a reportaxe en Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

O feminismo vigués convoca unha manifestación o 8M baixo o lema ‘Fronte ao medo e o fascismo, a resistencia é feminismo’

A plataforma Resposta Feminista – As que miran lila chamou a saír ás rúas...

A CIG chama a mobilizarse o 10 de marzo contra a precariedade no Día da Clase Obreira Galega

A CIG presentou este xoves en Vigo os actos previstos para o Día da...

Caballero acusa ao conselleiro de Sanidade de que os exames MIR se fagan en Santiago “porque é de alí”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, urxiu ao Ministerio de Sanidade e á Consellería...

A Universidade de Vigo lidera en Galicia o deseño de solucións naturais para adaptarse ao cambio climático nun proxecto europeo

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, e a Universidade...