InicioPolíticaO BNG emenda 10,5 millóns dos orzamentos de Vigo para que se...

O BNG emenda 10,5 millóns dos orzamentos de Vigo para que se atendan “as necesidades reais”

En total, os nacionalistas presentan 74 emendas parciais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concelleiro do BNG do Concello de Vigo, Xabier P. Igrexas, explicou este martes as emendas que os nacionalistas presentaron ao proxecto de orzamentos locais para o 2020. En total 74 parciais que supoñen modificar as contas por case 10,5 millóns para que se atendan “as necesidades reais” dos veciños e dos barrios e parroquias.

Igrexas explicou que as propostas do BNG céntranse en destinar máis medios a política social, porque para el, o proxecto presentado polo Goberno local presidido por Abel Caballero é “máis do mesmo”.

“Estamos diante dunhas contas continuistas, que insisten en concentrar o investimento en cemento e gasto inaugurable. Uns orzamentos que poden ser bos para os intereses electoralistas de Caballero, que vive nunha campaña electoral permanente, pero son moi malos para a cidade porque non atenden os problemas e as necesidades reais dos vigueses”, lamentou o concelleiro nacionalista.

CABALLERO

Pola súa banda, Caballero criticou as emendas presentadas por todos os partidos da oposición. Sobre o PP, indicou que “se dedica a pedir recursos para obras que eles paralizan”.

Tampouco faltaron palabras críticas para Marea de Vigo, que indicou que quere a cidade “triste” porque “pide reducir as bolsas de inglés á metade, non quere festas de verán nin Nadal”.

E por último tivo frases para o BNG, que, segundo el, pretende que só os “fillos dos ricos” saiban inglés.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...