InicioPolíticaAbel Caballero pide "dilixencia" á Xunta para a ampliación do Ifevi

Abel Caballero pide “dilixencia” á Xunta para a ampliación do Ifevi

O alcalde de Vigo comprometeuse a reducir os trámites municipais "a un só día" e instou ao goberno autonómico a que tamén "axilice os seus trámites".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, prometeu este luns tramitar a ampliación do Instituto Feiral da cidade, Ifevi, “á maior velocidade posible”, e pediu “dilixencia” á Xunta para que tamén axilice os prazos que son da súa responsabilidade.

Segundo explicou o rexedor en rolda de prensa, tras reunirse coa dirección de Conxemar, a organización empresarial comprometeuse a encargar o proxecto de ampliación (uns 5.000 metros adicionais). En canto o Concello dispoña do documento, sinalou, solicitará a súa tramitación ao amparo da lei 3/2016, que permite o desenvolvemento urbanístico do proxecto a pesar da anulación do Plan Xeral.

Abel Caballero explicou que, unha vez que se acceda a esa tramitación, o Concello encargarase de facerse cos terreos necesarios, ben mediante acordos ou ben mediante expropiación (a maior parte do espazo está en mans da comunidade de montes).

Así mesmo, comprometeuse a reducir os trámites municipais (a emisión do informe tras o prazo de 20 días de exposición pública) “a un só día” e instou ao goberno autonómico a que tamén “axilice os seus trámites”. Todo iso, insistiu, co obxectivo de que a ampliación do Ifevi estea lista para a edición de Conxemar 2020.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...