InicioPolíticaCaballero: "Eu non pactaría coas mareas moradas porque o 26M eu saquei...

Caballero: “Eu non pactaría coas mareas moradas porque o 26M eu saquei vinte concelleiros e eles dous”

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo e presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero, comparou os resultados das eleccións xerais cos que sacou o PSOE en Vigo para dicir que el “nunca” pactaría na súa localidade con Unidas Podemos para conformar un Goberno de coalición pola diferenza de votos entre ambas as formacións.

Preguntado por se apoia ou non a decisión do presidente do Goberno en funcións, Pedro Sánchez, de non aceptar un Goberno de coalición con Unidas Podemos, que é cuarta forza política no Congreso con 42 escanos, Caballero fixo un símil a nivel municipal e destacou que non pactaría coas mareas moradas porque o 26M o PSOE “sacou vinte concelleiros e eles dous”.

“Nin pactei nin pactaría con mareas, que é o equivalente a Podemos –a nivel español– porque eles teñen dous concelleiros e nós vinte e o meu desenvolvemento político levou a que a miña lista teña eses vinte. É unha forma de facer política”, sinalou Caballero á súa entrada ao XII Pleno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) en Madrid.

Con todo, o socialista non quixo valorar as declaracións de Sánchez nas que dixo que un Goberno de España no que estivese Unidas Podemos a man das políticas activas de emprego quitaríalle o sono polas noites.

ÚLTIMAS

“A indiferenza tamén é violencia”: Vigo sae á rúa baixo a choiva para defender as persoas sen fogar

Decenas de persoas protestaron na tarde deste venres en Vigo contra a aporofobia e...

Denuncian a eliminación de vexetación nun humidal de Vigo: “Non hai persoas nin vehículos que circulen baixo esas árbores”

A plataforma veciñal Barreiro Ladra denunciou a realización de rozas nun humidal de Vigo,...

Cayetana Álvarez de Toledo tenta convencer aos vigueses do “cambio necesario” con Feijóo

A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, participou...

Zona Franca inclúe na ampliación do polígono de Balaídos un “pulmón verde” de máis de 70.000 metros cadrados

O Consorcio Zona Franca de Vigo avanza co proxecto de ampliación do parque empresarial...