InicioSucesosTres feridos nun accidente múltiple en Cangas

Tres feridos nun accidente múltiple en Cangas

Un motorista foi trasladado ao hospital por persoal sanitario.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un accidente múltiple de tres vehículos –unha furgoneta, un turismo e unha motocicleta– rexistrado en Cangas saldouse con tres persoas feridas. Segundo informa o 112, unha delas foi evacuada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.

O sinistro rexistrouse ao fío das 14,45 horas deste venres e foi un particular o que contactou co 112 para informar dunha colisión múltiple con varios feridos na Avenida de Ourense, na parroquia canguesa de Coiro.

Os efectivos de Emerxencias avisaron aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Morrazo, aos axentes da Policía Local e aos membros do Servizo Municipal de Protección Civil de Cangas.

Unha vez finalizada a intervención, Protección Civil confirmou ao 112 Galicia que tres persoas resultaron afectadas o impacto. En concreto, un motorista evacuado polo persoal sanitario e outras dúas persoas que viaxaban no turismo, que se desprazaron polos seus propios medios ata un centro hospitalario.

ÚLTIMAS

Juan Barbazán triunfa no Festival de Cans cos tres premios de “María Rita”

'María Rita', de Juan Barbazán, confirmou como a gran gañadora na entrega de premios...

Primeiro día de folga do lixo en Vigo tras o desencontro entre sindicatos e empresa

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...

Feridas catro persoas tras bater o seu vehículo contra varios estacionados en Vigo

Catro persoas resultaron feridas en Vigo tras bater o seu vehículo contra varios estacionados....

Os traballadores do lixo de Vigo van á folga indefinida desde este domingo tras fracasar a negociación

O comité de empresa da concesionaria da recollida de lixo e limpeza viaria do...