InicioSociedadeXustiza!!!... En Cangas non esquecen aos seus maiores mortos polo coronavirus

Xustiza!!!… En Cangas non esquecen aos seus maiores mortos polo coronavirus

Unha caravana de coches en Cangas pide "xustiza" para os familiares e residentes mortos na DomusVi Aldán.

PUBLICADO O

- Advertisement -

“Xustiza”. Ese foi o principal berro dos familiares de usuarios da residencia de Aldán asociados ao colectivo Vellez Digna na súa súa cuarta xornada de protesta tras o brote de coronvarius que afectou ao centro de DomusVi. Nesta ocasión organizaron unha caravana de coches polo centro urbano de Cangas pasando por diante do centro de saúde e finalizando na entrada do propio xeriátrico.

Os concentrados, tal e como fixeron nas anteriores protestas, piden que se incremente o número de psicólogos para os maiores do centro, polas secuelas a nivel psíquico que están tendo os maiores tras os meses de confinamento.

Tamén piden uunha mesa periódica con representantes dos traballadores da residencia e con familiares e que se prime “a saúde das persoas por encima do diñeiro” no sistema de xestión das residencias de maiores.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...