InicioMedio Ambiente e PatrimonioFridays for Future quere "un alcalde que presuma de medidas contra o...

Fridays for Future quere “un alcalde que presuma de medidas contra o cambio climático e non da árbore de Nadal”

O movemento Fridays for Future fixo un chamamento á participación na marcha que sairá este venres, ás 20,00 horas, do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O movemento Fridays for Future presentou este xoves en Vigo os seus obxectivos, así como a manifestación que se celebrará o venres, con motivo da folga mundial polo clima, e enviou unha mensaxe a Abel Caballero: “Preferimos un alcalde que alardee de tomar medidas contra o cambio climático, e non de que ten a árbore de Nadal máis grande”.

Así o trasladaron portavoces deste colectivo, integrado na plataforma Movemento Galego polo Clima, nunha rolda de prensa celebrada na cidade olívica, na que fixeron un chamamento á participación na marcha que sairá este venres, ás 20,00 horas, do cruzamento de Vía Norte con Urzáiz.

Manel Iglesias sinalou que o Concello de Vigo, que aprobou recentemente a Declaración de Emerxencia Climática en pleno, debe tomar medidas que demostren o seu compromiso con esa declaración, e estendeu esa esixencia tamén a outras administracións. “Téñense que tomar isto en serio de verdade (…), se en 2030 non chegamos a emisións cero, isto vaise a pique”, sinalou este membro de Fridays for Future.

No caso de Vigo, lamentou que o mesmo día en que se aprobou a Declaración de Emerxencia Climática, o goberno “deu as costas” aos bombeiros, rexeitando debater unha moción sobre a súa situación, un servizo “esencial” na protección dos montes; ou que “siga adiante coas obras de Porta do Sol”.

María González lembrou que as principais reivindicacións que están sobre a mesa son a redución das emisións de CO2, a medida “máis urxente”, o apoio ás enerxías renovables, cambios nas políticas forestais e agrícolas, modelos de xestión da auga máis eficientes, construción de vivendas bioclimáticas ou maior educación ambiental.

ÚLTIMAS

Arde un prototipo creado por estudantes na Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Un incendio nun garaxe anexo da Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo, no campus...

Disputa familiar nas redes sociais mobiliza ás forzas de seguridade

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas das zonas de Vigo e...

Falece Seve, figura esencial da cultura popular e musical do Porriño e comarca

A comarca do Condado e da Louriña amenceu hoxe envolta nunha fonda tristura tras...

Un home de 67 anos, ferido grave tras ser atropelado por un bus urbano

Un home, M.Z.A. de 67 anos de idade, resultou ferido grave na tarde deste...