InicioMedio Ambiente e PatrimonioO concello de Ponteareas contra a vespa asiática

O concello de Ponteareas contra a vespa asiática

Serán entregadas novas trampas aos apicultores e á veciñanza

PUBLICADO O

- Advertisement -

O concello de Ponteareas, a través da Concellería de Medio Ambiente e Medio Rural, reunirase coa veciñanza das parroquias para informar tanto aos apicultores como aos particulares en xeral da evolución das vespas velutinas, métodos para capturalas e medidas en xeral a adoptar.

O concello entregará trampas e tamén ofrecerá as nocións básicas para crear trampas caseiras. O Alcalde insiste na importancia de formarse e saber distinguir as vespas velutinas doutras especies autóctonas coma a Vespa Crabro xa que a eliminación desta favorecería a expansión da especie invasora ao reducir os seus competidores naturais.

DATA CLAVE PARA FREAR A INVASIÓN

As trampas que se entregan nestes días son as máis efectivas porque teñen como obxectivo a captura de raíñas no momento en que realizan os niños primarios, para evitar que no verán e no outono proliferen máis niños. As primeiras reunións serán este venres en Fontenla, o sábado en Arnoso e Cumiar, e o luns en Fozara.

Tamén é importante distinguir os niños da Vespa Velutina que son de forma redondeada e de maior tamaño que os da vespa autóctona. A meirande parte dos niños están construidos sobre as copas das árbores, xeralmente de grande altura e, de forma ocasional, en zonas pouco transitadas de edificios, construcións, galiñeiros… e moi rara vez soterrados.

ÚLTIMAS

The Corrs actuarán en Vigo o 11 de agosto en Castrelos

A banda irlandesa The Corrs actuará no auditorio de Castrelos de Vigo o próximo...

O PP e o BNG de Vigo esixen mobilizar 60 millóns de remanentes para vivenda e servizos sociais

O Partido Popular e o BNG de Vigo coincidiron este mércores en demandar unha...

O Xuíz pide á Policía Local todos os informes sobre intervencións na atracción Saltamontes en Coia e Balaídos “en anos anteriores”

O tribunal de instancia, sección de instrución, praza 3 de Vigo, que investiga o...

Rueda presenta en Vigo 172 vivendas protexidas e 37,2 millóns de investimento

A Xunta licitou a construción dun novo edificio na ampliación do barrio vigués de...